bannerSGPL

febreiro, 2020

23feb12:00Coñece as plantas silvestres da hortaACTIVIDADES PARA O COCO | De balde12:00 Aldea Coop.

Detalles do evento

O próximo domingo, sempre que non chova, imos á horta colaborativa que temos en Cabral a dar un paseo e coñecer un pouco sobre o mundo das “malas herbas” e os seus posibles usos.

Daremos un pequeno percorrido polas plantas silvestres máis comúns nas hortas, aprenderemos a identificalas e faremos un xantar delicioso e salvaxe coas que apañemos.

Trae roupa e calzado adecuado e, se podes, unha cesta ou similar para apañar as herbas.

Podes pagar con euros, landras ou aportando un par de horas de axuda na horta.

Hora

(Domingo) 12:00

Lugar

Aldea Coop.

Sevilla 10, 36203 Vigo

X