REVISTA FEBREIRO

17xan17:0021:30VIII Certame de Rondallas da Área Metropolitana de VigoAS NOSAS FESTAS | 3,00 €17:00 - 21:30(GMT+01:00) IFEVI

Detalles do eventos

O VIII Certame de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo terá lugar o sábado 17 de xaneiro a partir das 17:00 h coa participación de 17 agrupacións procedentes de Vigo, Mos, O Porriño, Gondomar, Nigrán, Tui, Baiona e Redondela e reunirá, tendo en conta as anteriores edicións, unhas 5.000 persoas no IFEVI.

Nesta edición bátense os récords de participación coa incorporación de tres rondallas novas: Santa María de Porriño, Airiños da Lagoa de Baiona e a Miñoteira Ventosela de Redondela. A particularidade das rondallas da provincia de Pontevedra é a substitución dos instrumentos de corda, propios destas agrupacións noutros lugares, por outros máis tradicionais en Galicia como cunchas, charrascos, pandeiretas e castañolas. Estas agrupacións, formadas por un centenar de rondalleiros cada unha, son típicas do Nadal e teñen un amplo repertorio no que inclúen temas do folclore galego e no que tampouco faltan reinterpretacións de temas da música actual. Nesta reportaxe tedes máis información sobre esta tradición tan singular da nosa zona.

O Certame de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo é un evento moi multitudinario no que cada agrupación participante ten un tempo limitado para a súa actuación na que ademais da interpretación musical, se valora a vestimenta, a variedade de instrumentos ou a coreografía que os rondalleiros fan mentres tocan. En total distribúense seis premios; ás tres mellores rondallas e aos tres mellores conxuntos de abandeirados. A expectación este ano é maior, a estrea do filme ‘Rondallas’ de Daniel Sánchez Arévalo, que chega aos cines o 1 de xaneiro augura un maior interese no evento.

A orde de actuación é a seguinte:

  • Rondalla da Asociación Club Santiaguiño de Guizán – 17:00 h
  • Rondalla da Asociación Cultural e Musical Rondalla de Pontellas – 17:15 h
  • Rondalla da Asociación de Veciños O Galiñeiro de Vincios – 17:30 h
  • Rondalla do Centro Veciñal e Cultural de Valladares – 17:45 h
  • Rondalla do Centro Cultural e Recreativo de Torroso – 18:00 h
  • Rondalla da Asociación Cultural A Merced de Chain – 18:15 h
  • Rondalla da Sociedade Cultural, Deportiva e Recreativa Helios de Bembrive – 18:30 h
  • Rondalla da Asociación Folclórica Airiños da Lagoa de Baina – 18:45 h
  • Descanso do xurado e presentación do libro “Rondallas” – 19:00 h
  • Rondalla da Asociación Cultural, Social e Veciñal de Herville – 19:15 h
  • Rondalla da Asociación O Mosteiro de Pexegueiro – 19:30 h
  • Rondalla Santa María do Porriño – 19:45 h
  • Rondalla do Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos – 20:00 h
  • Rondalla da Asociación Veciñal Cultural e Recreativa San Mamede de Zamáns – 20:15 h
  • Rondalla da Asociación Recreativa Santa Eulalia de Atios – 20:30 h
  • Rondalla do Centro Social Cultural e Recreativo de Beade – 20:45 h
  • Rondalla Santiago de Parada, do Centro Cultural e Recreativo Parada do Miñor – 21:00 h
  • Rondalla da Asociación Deportiva e Cultural A Miñoteira de Ventosela – 21:15 h

Puntos de venda das entradas:

– Na sede de calquera das rondallas participantes
– Na libraría TECNIC (rúa Jenaro de la Fuente, 20)
– Na billeteira do Ifevi o mesmo día do evento a partir das 15:00 h. [ENTRADAS ESGOTADAS]

Prezo da entrada: 3,00 €

Hora

17 xaneiro, 2026 17:00 - 21:30(GMT+01:00)

Localización

IFEVI

Av. do Aeroporto, 772, 36318 Vigo, Pontevedra

Other Events