CAMELIAS NADAL

28novTodo o día07xanConcurso de beléns AfundaciónARTE E MUSEOS | De balde(Todo o día)(GMT+01:00) Sala de Afundación

Detalles do eventos

A partir de mañá venres 28 de novembro, poderase gozar na Sala de Exposicións da Sede Afundación de Vigo da mostra de todos os beléns que se presentaron á 60 edición do Concurso de beléns de Afundación. 

Co gallo da conmemoración do sesaxésimo aniversario deste emblemático certame, a Obra Social de ABANCA conta, ademais de coa tradicional exposición de todas as creacións presentadas ao certame, cunha coidada selección de beléns decimonónicos cedidos pola Colección del Nacimiento Tradición Peña Marín. 

Horario: Do 27 de novembro ao 9 de xaneiro

Ata o 19 de decembro estará aberta todos os días de 17.00 a 20.30 h, e os sábados,domingos e festivos tamén de 11.00 a 14.00 h

Desde o 20 de decembro ao 7 de xaneiro, de 11.00 a 14.00 h e de 17.00 a 20.30 h.

O 24 e 31 de decembro e 5 de xaneiro, pechado en horario de tarde. O 25 de decembro, 1 e 6 de xaneiro, pechado.

Hora

28 novembro, 2025 - 7 xaneiro, 2026 (Todo o día)(GMT+01:00)

Localización

Sala de Afundación

Rúa Policarpo Sanz, no 26.

Other Events