Concurso de Beléns
Detalles do eventos
A partir do venres 1 de decembro poderase gozar na Sala de Exposicións I da Sede Afundación de Vigo da mostra de todos os beléns
Detalles do eventos
A partir do venres 1 de decembro poderase gozar na Sala de Exposicións I da Sede Afundación de Vigo da mostra de todos os beléns que se presentaron á 58 edición do Concurso de beléns de Afundación. Do 1 ao 18 de decembro estará aberta todos os días de 17.00 a 20.30 h; desde o 19 de decembro ao 7 de xaneiro, de 11.00 a 14.00 h e de 17.00 a 20.30 h. O 25 de decembro, 1 e 6 de xaneiro, pechado. O 5 de xaneiro, pechado en horario de tarde.
O Concurso de beléns de Afundación é un referente na tradición cultural do Nadal en Galicia. Na categoría xeral, as gañadoras resultaron José María Sánchez e Cris Macías; o segundo recaiu en María Luisa Rodríguez Balo; e o terceiro, en Genaro Alonso Martínez.
Na categoría para colectivos formados por menores de 16 anos, o xurado decidiu conceder o primeiro premio á Asociación Aboal; o segundo, ao belén presentado por Obradoiro Fósil, e finalmente, o terceiro premio ao CPR San José de Cluny.
Os accésits distinguiron ao Obradoiro Martín Códax, Afaga Alzheimer, Andrea Barbeito Rebolo, Asociación ASPANAEX, Sonia Caribia Torres, Miguel Ángel Sousa Fernández y CPR Menela.
Máis
Hora
1 decembro, 2023 11:00 - 7 xaneiro, 2024 20:30(GMT+02:00)
Hoxe móvese
Séguenos nas redes