FAITE AMOVIDALOVER

07mar20:00Ópera Clap presenta Concerto Clap: circo, percusión e comedia sen palabrasESPECTÁCULOS | DESDE 10,00 € 20:00(GMT+01:00) Auditorio do Centro Cívico de Teis

Detalles do eventos

A compañía Ópera Clap presenta Concerto Clap, un espectáculo de circo-teatro que combina percusión corporal, acrobacias e comedia sen uso de palabras, potenciando a expresividade corporal e logrando unha linguaxe universal e de carácter popular. Desde a súa creación en Arxentina en 2017, a compañía levou a súa proposta a numerosos espazos e festivais de Arxentina e América Latina.

Sorteamos dúas entradas individuais entre os nosos subscritores. Se aínda non es AMovidaLover, preme aquí fara subscribirte.

O concerto terá lugar o sábado 7 de marzo de 2026 ás 20:00 h no Auditorio do Centro Cívico de Teis. As entradas están dispoñibles online por 10,00 € (5,00 € para menores de 10 anos e gratuíta para menores de 4 anos) ou en despacho de billetes o mesmo día por 12,00 €.

Entradas aquí

Hora

7 marzo, 2026 20:00(GMT+01:00)

Localización

Auditorio do Centro Cívico de Teis

Rúa dos Irmáns Misioneiros dos Enfermos Pobres, 12, 36207 Vigo, Pontevedra

Other Events