Este é un evento repetitivo

Concertos na Fin do Mundo

13ago20:00Concertos na Fin do MundoCONCERTOS | 15,00€20:00(GMT+02:00) Faro Silleiro

Detalles do eventos

Concertos na Fin do Mundo é unha experiencia máxica, enmarcada na programación do Xacobeo 21·22, que terá lugar nalgún dos máis fermosos e impresionantes recunchos da costa galega. Un ciclo de concertos íntimos con capacidade moi limitada e unhas propostas artísticas preparadas para a ocasión que che permitirán gozar de actuacións irrepetíbeis. Concertos na Fin do Mundo fusionará patrimonio, paisaxe, cultura e música, para ofrecer ao público unha experiencia única para os cinco sentidos.

A apertura de portas realizarase ás 19:15 horas. Ás 20:00 horas comezaremos cunha sesión da man de DJ Mil, creando un momento de desconexión que che permitirá gozar da paisaxe e fusionarte coa contorna. Ás 20:30 horas comezará a actuación do músico galego Luis Fercán. A música de DJ Mil acompañaranos de novo mentres facemos un rápido cambio de escenario. E ás 21:30 horas, poderemos gozar da actuación do artista internacional Eliades Ochoa. Finalizado o concerto, volveremos desfrutar dunha última sesión de DJ Mil.

12 AGOSTO

ELIADES OCHOA

Nacido en 1946 en Songo la Maya, preto de Santiago de Cuba, Eliades Ochoa é un dos grandes soneros da historia da música cubana, músico primordial de todo o fenómeno que foi Buena Vista Social Club, fiel sempre ás raíces da música tradicional e guitarrista de primeira.

Despois de deixarnos pampos hai anos co proxecto AfroCubism –a mestura entre músicos de Mali e músicos cubanos que de feito era o proxecto orixinal antes de Buena Vista– e tamén con Buena Vista, Ochoa e o seu grupo actuarán en Concertos na Fin do Mundo, para defender o seu último disco «Vamos a bailar un son», unha incrible descarga de cubanía.

Reivindicado por C. Tangana no «Madrileño» coa canción «Muriendo de envidia», Ochoa traerá a Baiona os aires dunha música tradicional que non é senón música de hoxe, intensa, vital e arrebatadora.

LUÍS FERCÁN

Luís Fercán cantautor galego nado en Santiago de Compostela, é unha das voces máis singulares do momento.

Un estilo único e inimitable que o converte nun dos artistas con máis crecemento do panorama nacional.

A pesar da súa curta idade, as súas cancións xa son recoñecibles, algunhas como ‘110’ con máis de dous millóns de escoitas en Spotify.

Asiduo das emblemáticas salas de Madrid​, o seu traballo cualifícase como pop melódico e chama a atención polas súas formas clásicas, presentes principalmente na súa temática, mesturadas con elementos moito máis próximos ao rock.

Mantén unha estreita relación de amizade co poeta Pablo Benavente, con quen colaborou en varias ocasións.

13 AGOSTO

A apertura de portas realizarase ás 19:15 horas. Ás 20:00 horas comezaremos cunha sesión da man de DJ Galician Army, creando un momento de desconexión que che permitirá gozar da paisaxe e fusionarte coa contorna. Ás 20:30 horas comezará a actuación da compositora e cantante galego-uruguaia WÖYZA. A música de DJ Galician Army acompañaranos de novo mentres facemos un rápido cambio de escenario. E ás 21:30 horas, poderemos gozar da actuación de La Bien Querida. Finalizado o concerto, volveremos desfrutar dunha última sesión de DJ Galician Army.

LA BIEN QUERIDA

Con sete discos no mercado, Ana Fernández-Villaverde, La Bien Querida, converteuse na cantautora máis persoal e con mellor repertorio da súa xeración.

As súas cancións pasan do acústico ao épico; da rumba á electrónica de forma natural e sen perder a esencia da súa proposta: letras románticas, sinxelas e sinceras con melodías directas.

Todo isto deulle portadas nalgúns dos medios máis relevantes, actuacións nos festivais máis importantes e o número 1 de múltiples listaxes do mellor do ano.

WÖYZA

Wöyza comezou a súa carreira musical en 2003, vinculada á escena hip hop española e portuguesa. Desde entón publicou 4 EPs, alcanzando máis de 2 millóns de descargas e realizando varias xiras europeas.

No verán de 2018 creou e dirixiu artisticamente un dos seus maiores desafíos, «Wöyza & The Galician Messengers», integrando algunhas das figuras musicais máis destacadas do panorama galego actual.

Un espectacular formato co que Wöyza nos soprenderá, en Concertos na Fin do Mundo, mesturando de forma orixinal hip hop, soul, folk e música galega tradicional e incluíndo danza tradicional e urbana.

Máis

Hora

(Sábado) 20:00(GMT+02:00)

Localización

Faro Silleiro

Carretera Baiona -A Guarda, Baiona, Pontevedra

Other Events