
28xuñ12:0023:00CaldoFESTIVAIS E FEIRAS | De balde12:00 - 23:00(GMT+02:00) Ronda de Don Bosco
Detalles do eventos
O vindeiro sábado 28 de xuño celébrase na Praza da rúa Rolda de Don Bosco unha nova edición de CALDO, un encontro creativo en colaboración cos locais de
Detalles do eventos
O vindeiro sábado 28 de xuño celébrase na Praza da rúa Rolda de Don Bosco unha nova edición de CALDO, un encontro creativo en colaboración cos locais de restauración da zona e o apoio de Niño Corvo, Hotel Atlántico e Casaplanta Vigo.
Trátase dun evento aberto a todos os públicos, con espazo de mercado e exposición, e no que se aposta polo talento de artistas, deseñadores e artesáns galegos en sectores como a xoiería, a moda ou a cerámica, e por suposto a música. Unha xornada que empeza desde a sesión vermut e, acompañada tamén de gastronomía, esténdese ata as 23h.
CALDO é, en definitiva, un encontro de idades dispares e visións distintas; un espazo para apreciar o talento local; unha xornada festiva que celebra a creatividade e bo ambiente no corazón da cidade. Unha cita para pasar un sábado diferente.
Concertos
The Swinging Flamingos 13h
Cuarto de Tula 16:30h
Michu da Rocha 19h
Tacón Gitano 20:30h
Participan
@____maz____ @ammigo.eu @jatafarta @ripa.ripae @milena_colella @kifi.lab @iner.online @estudio.rio.rio @saraparadacc @cies.pottery @iniqual @thinandwhite @suagongo @eahoradote @fibrassilvestres @sonia_arnaiz
Taller de mosaico con @estudio.rio.rio e @groek.malva
Todos os materiais están incluídos. Crearemos a nosa propia peza nun curso dirixido a todos os públicos e idades. Sen experiencia previa requerida.
12:00h a 14:00h
14:00h a 16:00h
/ 25€
Máis
Hora
28 xuño, 2025 12:00 - 23:00(GMT+02:00)
Localización
Ronda de Don Bosco
Rúa da Ronda de Don Bosco 36202 Vigo Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualxullo
- Mes actual