REVISTA ABRIL

Concerto secreto Sofar Sounds

14xan19:30Concerto secreto Sofar SoundsCONCERTOS | 15,00€19:30(GMT+01:00)

Detalles do eventos

Os concertos secretos en lugares inusuais que propón a plataforma Sofar Sounds xa se fixeron un oco na cidade. Así o confirman os dous eventos celebrados ata o de agora, para os que se esgotaron as entradas en menos de 24 horas e que resultaron un éxito para todos os asistentes. É por iso que Sofar Vigo organiza unha nova proposta para o próximo 14 de xaneiro.

A plataforma Sofar, Songs from a room naceu en Londres no ano 2009; agora triunfa en máis de 400 cidades ao redor de todo o mundo cun obxectivo; o de devolver a maxia á música; algo que consegue creando momentos únicos entre os artistas e os espectadores, e apostando por ambientes íntimos e inusuais.

Ata a data, todos os eventos Sofar celebrados en Vigo desenvolvéronse os xoves. Parte da comunidade demandou á plataforma a posibilidade de celebrar algún evento durante a fin de semana, e chegou o momento. O próximo mes de xaneiro, a cita será un sábado. Para garantir a intimidade da experiencia, as localidades son moi limitadas.

E, coma sempre, ata aí pódese ler. Porque a dinámica da plataforma consiste en que ninguén saiba nada máis. Na experiencia de confiar e deixarse levar para descubrir e gozar a música de preto. Pero hai algunha pista, como que o evento terá lugar nalgún local do centro da cidade; un local que non é un bar, nin unha sala de concertos, nin nada semellante. Un espazo destinado a outro uso, e que as persoas asistentes descubrirán in situ, aínda que a dirección desvelarase un pouco antes.

36 horas antes, todo aquel que conseguise facerse cunha entrada para o evento, recibirá un email coa localización. O 14 de xaneiro, desde as 19.00 horas, as persoas chegarán ao espazo e será alí onde descubrirán aos artistas.

3 concertos, de aproximadamente 25 minutos de duración cada un, que sen dúbida, sorprenderán. Tres artistas de estilos moi diferentes, con propostas dispostas a conquistar a cada un dos espectadores que terán a oportunidade de sentir a música de preto.

Carla Lourdes, Pompa e Boato, Helen&Shanna, Lina de Sol, LoFácil e Dulzaro son os artistas que pasaron ata o de agora por Sofar Sounds Vigo, os encargados de sorprender e conquistar ao público asistente, algo que lograron con fartura. A galería Maraca e a Sala Inmersiva de Vialia, foron os espazos nos que tivo lugar a maxia.

Sábado 14 ás 19:30

Entradas xa á venda no enlace

Máis

Hora

(Sábado) 19:30(GMT+01:00)