Orquestra de Instrumentos Reciclados de Cateura – A Movida

decembro, 2018

28dec20:30Orquestra de Instrumentos Reciclados de CateuraCONCERTO | Desde 9,00€20:30 Mar de Vigo

Máis

Detalles do evento

A Orquestra de Instrumentos Reciclados de Cateura chega a Vigo

Toda historia ten un comezo, e esta ten o rostro dun violín atopado no lixo. Sucedeu en 2006. O escenario é o gran vertedoiro de Cateura, en Asunción, capital de Paraguai. Un lugar onde os residuos convertéronse en parte da paisaxe e no medio de vida para moitas persoas que se dedican a recuperalos.

Fabio Chávez, músico paraguaio, tivo entón a idea de utilizar estes materiais co obxectivo de fabricar instrumentos e ensinar música aos nenos da zona. Así, e dunha maneira enxeñosa, comezaron a preparar guitarras, violíns, contrabaixos ou saxofones. Vinte nenos, fillos dos traballadores do vertedoiro, comezaron a tocar os instrumentos e convertéronse nos pioneiros da orquestra, conseguindo facer realidade o seu soño.

Despois dos éxitos conseguidos pola Orquestra en distintas cidades españolas no Nadal dos 4 últimos anos, chega a Vigo a Orquestra de Instrumentos Reciclados de Cateura da man de Ecoembes, a organización ambiental sen ánimo de lucro que promove a economía circular a través da reciclaxe de envases.

Ofrecerán un concerto benéfico no Auditorio Mar de Vigo, todo o diñeiro que se recade das entradas destinarase á súa fundación, cuxo fin é continuar con este proxecto social en Cateura. Ademais contaremos coa colaboración do cantante Iván Ferreiro e un coro de Pequenos de ACOPOVI, que interpretarán algúns temas acompañados da Orquestra de Cateura.

Na revista de A Movida de decembro podes ler unha reportaxe sobre este evento. A revista é mensual e gratuita e a podes atopar nos máis de 200 puntos de distribución, fai click aquí.

Hora

(Venres) 20:30

Lugar

Mar de Vigo

Av. da Beiramar, 59, 36202 Vigo, Pontevedra

X