17dec21:00Concerto solidario EntreculturasCONCERTOS |10,00 €21:00(GMT+01:00) La Fábrica de Chocolate
Detalles do eventos
Entreculturas Vigo organiza unha nova edición do Concerto Solidario de Nadal de Entreculturas na Fábrica de Chocolate, neste caso para apoiar en Sudán do Sur un proxecto que
Detalles do eventos
Entreculturas Vigo organiza unha nova edición do Concerto Solidario de Nadal de Entreculturas na Fábrica de Chocolate, neste caso para apoiar en Sudán do Sur un proxecto que a ONG xesuíta ten en marcha co Servizo Xesuíta a Refuxiados. Actuarán os cantantes Carla Lourdes e Javier Lago, ademais do mago Jorge Lorenzo.
Ademais o mesmo día do concerto no despacho de billetes da sala de concertos tamén se poden adquirir.
Sudán do Sur é agora mesmo o país máis novo e pobre do mundo, e a travesa unha das principais crises humanitarias ao acoller no seu territorio máis de 2 millóns de refuxiados procedentes do seu veciño do norte, Sudán, que vive un conflito armado que provocou o éxodo de 12 millóns de sudaneses. Ademais, Sudán do Sur padece continúas inundacións e un desabastecemento de alimentos que está a provocar risco de fame negra nunha parte da súa poboación. Co Servizo Xesuíta a Refuxiados levamos traballando dúas décadas nese país esquecido pola comunidade internacional, nun campo de refuxiados que acolle a case 200.000 persoas, a maioría nenos e nenas e protexendo aos colectivos máis vulnerables, entre eles miles de mulleres vítimas de violencia.
Hora
17 decembro, 2025 21:00(GMT+01:00)
Hoxe móvese



