VIALIA
bannerPicnicSesions

Concerto solidario Entreculturas

21dec21:30Concerto solidario EntreculturasCONCERTOS | 6,00€21:30(GMT+01:00) La Fábrica de Chocolate

Detalles do eventos

O tradicional concerto co que Entreculturas inicia o Nadal en Vigo celebrarase o mércores 21 de decembro (21:30 h) na sala viguesa La Fábrica de Chocolate, da rúa Rogelio Abalde 22.

As artistas convidadas son de Vigo ou residentes na nosa cidade. E, como sempre, actuarán de forma totalmente desinteresada. Unha nova promesa, Reyes Caride. Unha referencia do hip hop, que agora reside en California, Aid Alonso. E xunto a elas, un británico xa moi querido en Vigo, ao que moitos oirían actuar coa súa guitarra na rúa do Príncipe, Adrian Timms.

Nesta edición, toda a recadación irá destinada ao proxecto con persoa migrantes en Marrocos. En concreto na cidade de Nador, fronteiriza con Melilla, onde desenvolven unha intervención social, sanitaria con migrantes africanos e asiáticos que esperan alí a súa entrada a Europa e que chegan, en moitos casos tras meses de viaxe, con condicións moi precarias e despois de sufrir todo tipo de violación dos seus dereitos.

Máis