Concerto Singular – A Movida

novembro, 2018

18nov18:00Concerto SingularMÚSICA + TEATRO | 5,00€18:00 Auditorio Municipal do Concello

Detalles do evento

Píscore son catro prestixiosos músicos fronte a un grande conflito: 16 baquetas e unha soa marimba. Catro músicos dispostos a facela soar do xeito máis orixinal e abraiante. Organizarse xa non vai ser tan doado.
Píscore achéganos a mellor música e moito humor para un concerto singular nunha proposta que se encadra na liña dos grandes espectáculos que mesturan o virtuosismo musical e os ritmos coa comedia xestual. Un espectáculo de vocación universal que fará rir e gozar ao público de todas as idades apelando ao máis clásico do humor e do sketch musical.

Hora

(Domingo) 18:00

Lugar

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

X