REVISTA ABRIL

Concerto secreto

30set19:30Concerto secretoCONCERTOS | Desde 40,00€19:30(GMT+02:00) Fundación Sales

Detalles do eventos

O xardín da Fundación Sales acollerá este xoves, 30 de setembro, un novo Concerto Secreto. O ciclo de concertos organizado por Regalamusica.es esgotou entradas nos dous primeiros eventos da tempada. O primeiro celebrouse o 25 de agosto coa música de Leticia Rey e a súa banda e o segundo, o 4 de setembro coa banda Best Boy. Grazas á colaboración da organización con Cervexas Alhambra, o público puido acompañar a súa cervexa cunha tapa gourmet deseñada polo chef Rafa Centeno, do Restaurante Maruja Limón (unha estrela Michelín e dous Soles Repsol). Para a nova cita do próximo xoves, o Showcooking Momentos Alhambra volverá estar presente no cartel do evento co mesmo restaurante acompañando ao artista deste terceiro Concerto Secreto da tempada.

O artista
Nesta ocasión, o artista secreto é un colectivo multicultural e ten unha forte influencia da música de raíz xamaicana. Producen e interpretan os seus propios ritmos e cancións e viaxan con facilidade polos diferentes estilos do caribe: Root, Rockers, Steppers, Rub-A- Dub e Lovers Rock. A súa música lembra aos sons de King Tubby, Mad Professor ou do recentemente desaparecido Le ‘ Scratch’ Perry (produtor de Bob Marley, Beastie Boys, The Clash, The Orb e fundador de The Upsetters). Tamén aos máis próximos Iseo & Dodosound e a Chalart58. É o mellor plan para despedir o verán e iniciar o outono coa calidez destes ritmos tropicais.

A experiencia
Unhas horas antes do concerto a promotora Regalamusica recibe ao artista na Fundación Sales e grava unha serie de imaxes nas que explica algúns detalles sobre a súa proposta a modo de presentación: quen é, que fai, cales son as súas influencias …
Con estas imaxes editan un micro-documental que proxectan ao comezo do concerto. Así, o público que ata ese momento aínda descoñece de quen será a actuación musical, descobre a identidade do artista. Hai que dicir, que a liña estilística e dirección artística dos Concertos Secretos é diversa e sempre satisfai e sorprende ás persoas que asisten aos eventos. Así, esta proposta musical e gastronómica de Regalamúsica, que comezou en 2018, logrou fidelizar a un público heteroxéneo que goza dunha experiencia cultural diferente nunha contorna tan estimulante como o xardín da Fundación Sales de Vigo.

Xoves 30 ás 19:30

As entradas poden atoparse neste enlace

Máis

Hora

(Xoves) 19:30(GMT+02:00)

Localización

Fundación Sales

de, Av. Europa, 52, 36212 Vigo, Pontevedra

Other Events