VIALIA
bannerPicnicSesions

Concerto Secreto

04set20:00Concerto SecretoCONCERTOS | Entradas esgotadas20:00(GMT+02:00) Fundación Sales

Detalles do eventos

O xardín da Fundación Sales acollerá este sábado, 4 de setembro, un novo Concerto Secreto. O ciclo de concertos organizado por Regalamusica.es esgotou entradas no primeiro evento da tempada que se celebrou o pasado mércores 25 de agosto coa música de Leticia Rey e a súa banda. Grazas á colaboración da organización con Cervexas Alhambra, o público puido acompañar a súa cervexa cunha tapa gourmet deseñada polo chef Rafa Centeno, do Restaurante Maruja Limón (unha estrela Michelín e dous Soles Repsol). Para a nova cita do próximo sábado, o Showcooking Momentos Alhambra volverá estar presente no cartel do evento co mesmo restaurante acompañando ao artista deste segundo Concerto Secreto da tempada.

O artista
Nesta ocasión, o artista secreto é unha banda que camiña entre o blue grass, o pop, o jazz, e a música americana. Cun cálido e poderoso directo, chega disposta a conquistar ao público dos Concertos Secretos. A súa música lembra aos sons alternativos de Jeff Buckley coa delicadeza de Sharon Van Etten.

A experiencia

Unhas horas antes do concerto a promotora Regalamusica recibe ao artista na Fundación Sales e grava unha serie de imaxes nas que explica algúns detalles sobre a súa proposta a modo de presentación: quen é, que fai, cales son as súas influencias …

Con estas imaxes editan un micro-documental que proxectan ao comezo do concerto. Así, o público que ata ese momento aínda descoñece de quen será a actuación musical, descobre a identidade do artista. Hai que dicir, que a liña estilística e dirección artística dos Concertos Secretos é diversa e sempre satisfai e sorprende ás persoas que asisten aos eventos. Así, esta proposta musical e gastronómica de Regalamúsica, que comezou en 2018, logrou fidelizar a un público heteroxéneo que goza dunha experiencia cultural diferente nunha contorna tan estimulante como o xardín da Fundación Sales de Vigo.

Máis

Hora

(Sábado) 20:00(GMT+02:00)

Localización

Fundación Sales

de, Av. Europa, 52, 36212 Vigo, Pontevedra

Other Events