BIBOPALULA

23mai20:00Concerto-presentación 'Coplas analfabetas'CONCERTOS | De balde20:00(GMT+02:00) Asociación Cultural Évame Oroza

Detalles do eventos

O venres 23 de maio ás 20:00 horas terá lugar na asociación Évame Oroza o concerto-presentación da obra de Antonio Tizón Coplas analfabetas, un proxecto literario que afonda na tradición oral galega recuperando a forza das coplas como forma de transmisión da memoria e da identidade colectiva. No acto participarán, ademais do autor, o presidente da Fundación Rosalía de Castro e académico da Real Academia Galega, Anxo Angueira, e o editor Xabier Romero.

    A presentación de Coplas analfabetas contará tamén con actuacións musicais de diferentes artistas que poñen música e voz ás coplas. Acompañarán a Antonio Tizón a actriz, cantante, compositora e coordinadora da adaptación musical da obra, Eugenia Sanmartín; así como o músico Daniel Adzemian, a cantante e compositora Carmen Penim, o pianista Mauricio Polsinelli e o grupo Barahúnda, integrado por Helena de Alfonso e José Lara Gruñeiro.

    O libro. Antonio Tizón inspirouse na figura da súa madriña, María Dominga Cordeiro García, unha muller analfabeta, pero portadora dun vasto repertorio de cantigas populares. Para desenvolver este proxecto literario, o autor afondou na tradición oral galega co obxectivo de dignificar a voz das persoas silenciadas pola historia. Máis aló do seu valor estético, Coplas analfabetas é un proxecto de recuperación e posta en valor do patrimonio cultural galego, é un canto á memoria e á identidade, unha homenaxe á palabra transmitida de xeración en xeración e unha aposta pola cultura galega como espazo de creación, reivindicación e futuro.

    A obra, que bebe da tradición rosaliana, conta cun limiar de Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro e académico da Real Academia Galega. En canto á estructura ten dúas partes. A primeira, Coplas analfabetas e revolucionarias, denuncia a inxustiza social, a desigualdade e o esquecemento das clases populares. Na segunda, Coplas de vida trala morte, o autor fai unha reflexión poética sobre o paso do tempo, a memoria e a transcendencia.

    Máis

    Hora

    23 maio, 2025 20:00(GMT+02:00)

    Localización

    Asociación Cultural Évame Oroza

    Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra

    Other Events