26feb21:30[CANCELADO] OCÉANO ESKIZOCONCERTOS| DESDE 8,68 € 21:30(GMT+01:00) La Fábrica de Chocolate
Detalles do eventos
Negan ser un supergrupo, pero Océano Eskizo recoñecen con ironía que son “o mellor de cada casa”. O novo proxecto de Johnny Rotring, o mítico líder de Radio Océano,
Detalles do eventos
Negan ser un supergrupo, pero Océano Eskizo recoñecen con ironía que son “o mellor de cada casa”. O novo proxecto de Johnny Rotring, o mítico líder de Radio Océano, reúne a outros músicos de longa traxectoria. Arredor do álter ego musical do xornalista Xosé Manuel Pereiro están Pedro Granell, o guitarra que fixo historia na música en Galicia con grupos como Los Eskizos ou Kozmic Muffin; Ricardo Saavedra, que fundou The Elephants e Deluxe antes de recalar en Meu; Luis Jarri, batería en Los Eskizos e Bummer e Beni González-Dans, baixo en Viuda Gómez e Hormigonera.
Océano Eskizo recollen nos seus novos temas o son daquelas experiencias, mesturado con influencias da psicodelia e do garage, e descargan en directo algunha das pezas clásicas dos seus grupos de orixe cunha forza anovada.No verán de 2025 gravaron no propio local de ensaio un EP titulado Demos no soto, composto por catro temas repletos de ironía, épica oceánica e guitarras esquizoides.
Hora
26 febreiro, 2026 21:30(GMT+01:00)
Hoxe móvese
marzo

