VIALIA
bannerPicnicSesions

Concerto 'O soño dos golfiños' do grupo Golfiños

16mai12:45Concerto 'O soño dos golfiños' do grupo GolfiñosPEQUERRECHOS | De balde12:45(GMT+02:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

Cun olliño aberto e o outro pechado os golfiños dormen, sempre atentos, dispostos a saltar en calquera momento e chegar ás nubes máis altas cos seus brincos, buscando o seu soño… Neste espectáculo Os Golfiños viaxarán por un mar de músicas cun repertorio moi variado, cantando novos temas e lembrando as súas cantigas de sempre. Enriba do escenario, un teclado (Jesús Moares Lameiro) e a voz de Elena Paz. Nesta viaxe, na procura do soño dos golfiños haberá tempo para bailar, xogar, cantar, rir e soñar, gozando todos e todas en familia deste divertido concerto. Unha oportunidade para volver a casa feliz, cun sorriso nos beizos, cantarruxando novas melodías, e valorar esas pequenas cousas da vida que nos unen. Soñemos cos Golfiños.

Para público familiar a partir de 3 anos
Duración: 45 minutos

Entrada de balde con inscrición previa. A inscrición tramítase unicamente a través do Servizo de Atención Telefónica do Concello de Vigo – 010 (desde teléfono móbil: 986 81 02 60), a partir do luns 10 de 8:00 a 20:00.

Domingo 16 ás 12:45

Máis

Hora

(Domingo) 12:45(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events