xaneiro, 2020

03xan20:00Concerto homenaxe a Arturo Álvarez RuadeCONCERTOS | De balde20:00 Teatro Salesianos

Máis

Detalles do evento

O venres 3 de xaneiro ao redor de 70 músicos reuniranse nun concerto homenaxe ao grandísimo Artu Ruade, no Teatro Salesianos.

A entrada será gratuíta e recadaranse donativos voluntarios para sufragar os gastos do evento.

Artu Ruade comezou a súa traxectoria musical ligado á explosión da escena local dos anos 60 e 70, instalouse en Vancouver (de onde regresou en 2005 despois de 25 anos) e seguiu na música viguesa. Antes de falecer, compartiu escenarios con Javi Pacheco e Diego Pacheco na Monk Blues Band, encargados das jam session da sala Sinatra.

En 2010 publicou o seu disco “Saffron” xunto a Alberto Conde, Cuchús Pimentel, Kin García e Miguel Cabana. Entre os seus primeiros grupos, Amórnelos, Golpes e Revólver (grupo co que acompañou durante anos a Massiel).

Hora

(Venres) 20:00

Lugar

Teatro Salesianos

Rúa de Venezuela, 3, 36203 Vigo, Pontevedra

X