CONCERTO EXTRAORDINARIO DE NADAL ORQUESTRA CLÁSICA
Detalles do eventos
Na celebración do 40 aniversario, a Orquesta Clásica de Vigo resérvalle un lugar privilexiado ao Concerto Extraordinariode Nadal. Un concerto que se celebra cada
Detalles do eventos
Na celebración do 40 aniversario, a Orquesta Clásica de Vigo resérvalle un lugar privilexiado ao Concerto Extraordinario
de Nadal. Un concerto que se celebra cada ano, e que se converteu nunha verdadeira institución, pois congrega a
audiencias e instrumentistas para celebrar o noso amor pola música en directo e o compromiso pola cultura na cidade
de Vigo.
Nesta ocasión, a Orquesta Clásica de Vigo ofrecerá un programa de luxo conformado por dous enormes compositores
que representan o final do Romanticismo ruso: estes son Piotr Ilich Chaikovski e Sergei Rachmaninov.
Dous artistas que se concatenaron no tempo e que son exemplos do patetismo levado ao extremo. Unha proposta na
que viaxaremos a Moscova na última década do S. XIX para atender como a morte de Chaikovski influiría nun xove
Rachmanivov, atopando neste compositor unha continuidade que sería levada aos EUA tras a Revolución Rusa.
O pianista vigués Sergio Gómez será o artista convidado para este concerto de nadal, un fantástico exemplo de talento
emerxente da nosa cidade co que despediremos o ano.
Máis
Hora
29 decembro, 2024 20:30(GMT+01:00)
Localización
Teatro Afundación
Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo, Pontevedra