
Detalles do eventos
A Orquestra Clásica de Vigo ofrecerá o vindeiro 28 de decembro -e como peche da súa programación concertística anual- o xa tradicional Concerto de Nadal.
Detalles do eventos
A Orquestra Clásica de Vigo ofrecerá o vindeiro 28 de decembro -e como peche da súa programación concertística anual- o xa tradicional Concerto de Nadal. Desta volta, a decana das orquestras de Galicia ofrece unha dobre proposta: gozar dun clásico único, inconfundible e dificil de clasificar como é o Rhapsody in blue de G. Gershwin e descubrir a música dun artista descoñecido do século XIX como é S. Coleridge-Taylor. Un cartel de contrastes atravesados por esa ponte que nos leva dende o último romanticismo dos orientalismos aos estilos nacionais empapados da música de raíz. S. Coleridge-Taylor é un autor que serve de ponte entre entre motivos africanos e o sinfonismo inglés, sendo así un dos primeiros en abordar a música africana nun contexto orquestral dende a óptica dos orientalismos, ese paso previo do individualismo á irrupción das singularidades de cada territorio.
Por outra banda, o programa levaranos aos EUA de comezos do século XX nesa construción dosestilos nacionais na que participaron autores como G. Gershwin, nesa mestura entre sinfonismo romántico e as músicas de raíz que nos levarán a explorar eses novos camiños eclécticos e diversos que conforman o noso mundo. O resultado: a devandita peza Rhapsody in blue, unha obra que será interpretada polas prodixiosas mans do solista convidado Abe Rábade baixo a batuta do director Manuel Martínez Álvarez-Nava. A cita terá lugar o 28 de decembro ás 20.30 h. no Teatro Afundación de Vigo (Rúa de Policarpo Sanz) e as entradas están xa dispoñibles na páxina web ataquilla.com
Máis
Hora
28 decembro, 2023 20:30(GMT+01:00)
Localización
Teatro Afundación
Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
- Mes actual