
Detalles do eventos
O Coro de Cámara Rías Baixas participa esta fin de semana no 18º Festival de Música Sacra de Vigo, unha cita xa consolidada no calendario cultural
Detalles do eventos
O Coro de Cámara Rías Baixas participa esta fin de semana no 18º Festival de Música Sacra de Vigo, unha cita xa consolidada no calendario cultural da cidade. A formación ofrecerá dous concertos: o primeiro terá lugar o sábado 12 de abril, ás 19:00 horas, na Igrexa dos Picos (Calvario), e o segundo será o domingo 13 de abril, ás 19:45 horas, na Basílica de Santa María, no corazón do Casco Vello. Ambos concertos serán de entrada libre ata completar aforo.
O repertorio que presentarán destaca pola súa riqueza e variedade, nun percorrido pola música sacra que abrangue dende o Renacemento ata a actualidade. O público poderá escoitar obras de autores como Tomás Luis de Victoria, William Byrd, John Tavener, ou Serguéi Rachmaninoff, ademais de música coral contemporánea como a da compositora británica Kerensa Briggs e unha peza do propio director da formación, Brais González. Un programa diverso que convida ao recollemento e á emoción, e que pon en valor a forza expresiva da música coral sacra en diferentes estilos e linguaxes.
Máis
Hora
13 abril, 2025 19:45(GMT+02:00)
Localización
Concatedral de Santa María
Praza Igrexa, 10, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualabril
- Mes actual