20xuñ21:0021:30Concerto de Samuel Leví e os nenos perdidosCONCERTOS | Desde 5,10 €21:00 - 21:30(GMT+02:00) Café De Catro a Catro

Detalles do eventos

Alá onde vaia, haberá un galego que sentirá “morriña”. Moitos pais dos nosos pais viviron a épica do emigrante galego. Algo semellante parece revivir o xoven e cosmopolita cantautor vigués, Samuel Leví, que durante os últimos 28 anos acumula máis de 500 concertos, enchendo páxinas do pasaporte con selos de variados países e traspasando fronteiras coas súas cancións. Nas súas letras rememóranse pasaxes, lembranzas e sabores de algunhas das cidades e países onde viviu e estudou, como La Habana (Cuba), Bos Aires (Arxentina), Madrid (España) e, en breve, engadirase Roma (Italia), que influíron na música dun artista honesto e humilde desde os seus comezos.

Recoñecido co Premio Nacional 2009 ao Mellor Autor de Cancións polo INJUVE (Instituto da Xuventude Español) dentro do xénero Canción de Autor, recentemente foi galardoado coa bolsa MAEC-AECID (Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento) do Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación como único músico español en obter esta distinción no curso 2014-15. Esta bolsa permítelle realizar o seu terceiro proxecto discográfico na Academia de España en Roma. A este álbum seguirá unha ruta–camino de peregrinación musical desde a capital italiana ata Santiago de Compostela, ao remate da cal emprenderá unha xira internacional de concertos e presentacións.

E non estará só. Ao seu carón viaxan “Os Nenos Perdidos”. Baixo este nome agrúpanse os músicos que o acompañan, unha selección de talentosos instrumentistas formados nas mellores escolas da península: Conservatorio do Liceu e Taller de Músics de Barcelona, Ateneo Jazz e Escola de Música Creativa de Madrid, Conservatorio Profesional de Música de Valladolid, Escola Nacional de Arte de La Habana (Cuba), Escola de Música de Bos Aires (Arxentina), Escola Superior de Música do Porto e Lisboa en Portugal… Forman un elenco de altísimo nivel, que nos últimos meses incorporou unha violonchelista e unha violinista, e que está ademais acompañado por unha actriz, un biólogo, unha tradutora e, ¡ata un médico e un payaso!

Todos eles contribúen dalgún modo a ofrecer un espectáculo que vai máis aló do escenario e que envolve todo o teatro, a sala, o pub, o bar ou a praza na que actúan. A complicidade co público é total e cada concerto é diferente.

Entradas

Hora

20 xuño, 2026 21:00 - 21:30(GMT+02:00)

Localización

Café De Catro a Catro

R. de Gerona, 16, Freixeiro, 36211 Vigo

Other Events