
09out19:00Concerto de Rosa CedrónCONCERTOS | De balde19:00 CC Vialia
Detalles do eventos
A Fnac organiza na súa tenda de vigo unha presentación do novo disco de Rosa Cedrón ‘Nómade’, xunto cunha actuación en directo. A vocalista, violonchelista
Concerto de Rosa Cedrón
A Fnac organiza na súa tenda de vigo unha presentación do novo disco de Rosa Cedrón ‘Nómade’, xunto cunha actuación en directo.
A vocalista, violonchelista e compositora galega formou parte da formación folk-celta Luar na Lubre, colaborou con Mike Olfield na súa “ Tubular Bells III” e en varios directos. A súa carreira en solitario comeza coa publicación do disco “Entre dous mares” en marzo de 2007. Nómade é un caderno de bitácora que describe as luces e sombras percorridas nunha travesía cara ao máis profundo da identidade propia. Gravado en casa de Tolos co selo inconfundible de Sergio Moure de Oteyza e a técnica de Segundo Grandío, Nómade é o terceiro traballo en solitario da artista que, acompañada das súas xa incondicionais Javier Cedrón e Miguel Arthus, bríndanos o resultado dunha viaxe sonora que parte da escuridade das tempestades á serenidade do albor que fortalece, aliviando feridas pasadas e sanando as presentes.
Sábado 9 ás 19:00
Máis
(Sábado) 19:00
CC Vialia
Praza Estación, 1, 36201 Vigo, Pontevedra