REVISTA ABRIL

Concerto de PIANO: Yamini Prabhu + Iván Fernández

13xuñ12:00Concerto de PIANO: Yamini Prabhu + Iván FernándezCONCERTOS | De balde12:00(GMT+02:00) Auditorio CVC Valladares

Detalles do eventos

Nacido en Vigo en 1984, Iván Fernández iniciou os seus estudos musicais na mesma cidade con Ana Mª García e continuou a súa formación no conservatorio Mayeusis con Rita Ivaskeviciute. Graduouse con Matrícula de Honor en interpretación pianística na Escola Superior de Música de Catalunya estudando co seu mestre, Rafael Salinas Tello. Foi mencionado con honores polo seu Proxecto de Investigación “Recursos expresivos nas últimas sonatas de Beethoven”, interpretando as sonatas op.109, op.110 e op.111 do compositor. En 2015 obtivo o máster de interpretación pianística na Academia Gnessin de Moscú, onde se lle galardonou con Diploma Vermello (CUM LAUDE), estudando alí con Beira B. Nosina (Catedrática e Artista Honorífica de Rusia). En 2013 obtivo o primeiro premio e recibiu o diploma á mellor interpretación de música rusa na edición XIV do “Concurso Internacional Musica Classica”, celebrado na localidade de Ruza (Rusia). No ano 2009 foi finalista no “Concurso internacional de novos intérpretes de Llíria” e se lle galardonó coa beca de excelencia “Anna Rise”. Ofreceu concertos en diversas localidades de España, Portugal e Rusia. O seu repertorio comprende desde a música barroca ata a contemporánea. Recibiu consellos de músicos como Leonid N. Sintsev, Pavel Dombrovsky, Lidya Reznikova, Tatiana Tarnavskaya, Jarosaw Drzewiecki, Arcadi Volodos, Douglas Humpherys, Alba Ventura, Rasa Biveiniene, Ramon Coll, Salvador Mais, Michal Drewnowski, Meira Farkas, Natalia Posnova, Ingrid Sotolarova, Yuri Bogdanov, Christian Zacharias, Luís Pipa, o Cuartet Casals ou Leonel Morais, entre outros. Actualmente é profesor no Conservatorio Mayeusis (Vigo), no Conservatorio Profesional e Escola de Música de Arzúa (A Coruña), e en Mayeusis CEMU Superior. Entre 2016 e 2017 colaborou con Radio Arzúa como creador e organizador da emisión musical semanal “Programa de man”.

Foto: Web do músico

Máis

Hora

(Domingo) 12:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio CVC Valladares

Camiño do Pedregal, 6, 36315 Valadares - Vigo, PO

Other Events