
17dec12:00Concerto de Nadal Kv2211CONCERTOS | De balde12:00(GMT+01:00) Auditorio Martín Códax
Detalles do eventos
A Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo, Kv2211, celebra o Nadal o vindeiro domingo 17 de decembro cun concerto. A cita terá lugar ás 12 horas no Auditorio Martín Codax do Conservatorio Superior
Detalles do eventos
A Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo, Kv2211, celebra o Nadal o vindeiro domingo 17 de decembro cun concerto. A cita terá lugar ás 12 horas no Auditorio Martín Codax do Conservatorio Superior de Música de Vigo, situado no Castro, con entrada libre ata completar aforo.
É a primeira vez que coincidirán no escenario tres agrupacións.
En primeiro lugar, actuará o Ensemble de Chelos formado recentemente e que integra a todos os violonchelistas da Kv2211, dende os máis pequenos aos máis veteranos. Co EnsembledeChelos, a OrquestraKv2211 deu un paso adiante na diversificación das súas actividades formativas e interpretativas dos músicos de corda que a constitúen.
A continuación actuarán os máis pequenos, membros da Orquestra Infantil e posteriormente, a Orquestra Xuvenil, para dar paso á actuación da OrquestraKv2211 no seu conxunto co Coro formado por pais, nais, amigos e familiares dos membros da Orquestra coa axuda da profesora Guadalupe Núñez da escuela de música Amadeus.
O concerto de máis dunha hora de duración está enfocado a familias e mozos co obxectivo de difundir a música clásica entre o segmento máis novo da poboación. Nel interpretaranse obras de Mozart, Handel e Sibelius ademais dunha selección de vilancicos tradicionais.
Máis
Hora
17 decembro, 2023 12:00(GMT+01:00)
Localización
Auditorio Martín Códax
Rúa de Manuel Olivié, 23, 36203 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualabril
- Mes actual