REVISTA ABRIL

Concerto das Letras Galegas: Laura LaMontagne & PicoAmperio

16mai20:00Concerto das Letras Galegas: Laura LaMontagne & PicoAmperioCONCERTOS | De balde20:00(GMT+02:00) Mar de Vigo

Detalles do eventos

Na véspera do Día das Letras Galegas, o Consello da Cultura Galega organiza o domingo 16 de maio ás 20:00 o concerto de Laura LaMontagne & PicoAmperio no Auditorio Mar de Vigo. Ambos artistas levarán a cabo unha actuación preparada ex profeso para este día, no que realizarán un collage sonoro e visual da obra poética de Xela Arias, especialmente do seu poemario Denuncia do equilibrio.

Estes concertos véñense celebrando desde 2011 en lugares relevantes para os autores homenaxeados, por iso a escolla de Vigo no caso de Xela. É a primeira vez que estes eventos teñen lugar na nosa cidade.

As entradas serán de balde e poden adquirirse en Teuticket. O concerto tamén poderá seguirse en directo vía streaming nas redes sociais do Consello da Cultura Galega e Radio Televisión de Galicia.


Laura LaMontagne comeza o seu proxecto con PicoAmperio (DJ e produtor) en xullo de 2019 entre Santiago de Compostela e Lugo. Viñan de experiencias moi dispares. Pedro (Teo, 1995) participou do colectivo Hip Hop Ateneu e dos grupos Pura Mestura e Furnier. Laura (Lugo, 1993) experimentou nos recitais de poesía de Compostela, en concertos en solitario e noutros proxectos previos dos que formou parte. Melodías suaves, bucles vocais, percusións marcadas e atmosferas rascadas son elementos esenciais da súa particular expresión artística. Na súa proposta mesturan música medieval galaico-portuguesa, ambiente hip-hop e poesía, poñendo especial atención nas obras de Martín Codax, Airas Nunes, Rosalía de Castro e Luz Fandiño. Unha listaxe á que agora se suma a poeta Xela Arias, a quen está dedicado este Día das Letras Galegas.

O espectáculo, concibido como un todo de palabra, son e luz, ten a Laura LaMontagne na dirección artística e a PicoAmperio na dirección técnica, e conta, ademais, con Raúl Silva na iluminación, Luis Casanova no son, María Cuntín no vestiario, Moisés Freire en maquillaxe e peiteado e Borja Bernárdez na videocreacion.

Foto: Rocío Cibes

Máis

Hora

(Domingo) 20:00(GMT+02:00)