REVISTA ABRIL

Concerto das Letras Galegas 2023

16mai20:30Concerto das Letras Galegas 2023CONCERTOS | De balde20:30(GMT+02:00) Teatro Afundación

Detalles do eventos

O Teatro Afundación da cidade olívica acollerá o Concerto das Letras Galegas, organizado polo Consello da Cultura Galega para homenaxear a Francisco Fernández del Riego, un optimista radical e vigués de adopción a quen este ano lle dedicamos o Día das Letras Galegas.

A Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Maximino Zumalave, estará acompañada polo Coro de Cámara Rías Baixas e interpretarán un programa musical que viaxa pola xeografía amada polo homenaxeado da man de dous grandes compositores consagrados: Jesús Bal y Gay e Reveriano Soutullo.

A eles súmase o músico vigués Brais González Pérez, que compuxo por encarga do Consello da Cultura Galega a obra Sinfonietta. Obra orixinal para coro e orquestra composta por encargo do Consello da Cultura Galega sobre textos de Salvador García-Bodaño e Xaime Isla Couto dedicados a Francisco Fernández del Riego. A súa estrea absoluta pechará este Concerto das Letras Galegas 2023, no que nos gustaría que nos acompañásedes para festexar a vida e o legado deste incansable traballador do país que foi don Paco.

A esntrada é gratuíta, pero é preciso reservar en Ataquilla.

Martes 16 ás 20:30h

Máis

Hora

(Martes) 20:30(GMT+02:00)