Concerto da Real Filharmonía de Galicia

19mai20:00Concerto da Real Filharmonía de GaliciaCONCERTOS | Desde 7,20€20:00(GMT+02:00) Auditorio Teatro Afundación

Detalles do eventos

O Teatro Afundación de Vigo reanuda este mes a súa programación clásica con dous concertos.

A Real Filharmonía de Galicia abrirá a programación, que se desenvolve en colaboración coa Sociedade Filarmónica, o vindeiro mércores 19 de maio ás 20.00h, baixo a batuta de Jaume Santonja, co concerto para piano número 5 en Fa maior de Camille Saint- Saëns e a Sinfonía número 9 en se menor de Louis Spohr. Ao piano estará a intérprete armenia Sofya Melikian.

A seguinte cita será o vindeiro xoves 27 de maio, tamén ás 20.00h, nesta ocasión coa Orquestra Sinfónica de Galicia, dirixida por David Grimal, que ofrecerá os concertos para violín número 1 en se bemol maior, número 2 en re maior e número 3 en sol maior de W.A Mozart.

Co obxectivo de compartir este momento de progresivo regreso da programación cultural coa poboación sénior, a Obra Social de ABANCA reservou para este colectivo 30 invitacións para cada un dos concertos. Para o resto do público, xa están dispoñibles as entradas para a actuación da Real Filharmonía de Galicia do día 19 en Ataquilla.com, e a partir do 14 de maio habilitarase a venda para o concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia.

Máis

Hora

(Mércores) 20:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Teatro Afundación

Marqués de Valladares s/n

Other Events