REVISTA NADAL

Concerto benéfico da Orquestra Clásica de Vigo

10xan20:30Concerto benéfico da Orquestra Clásica de VigoCONCERTOS | 5,00 €20:30(GMT+01:00) Teatro Salesianos

Detalles do eventos

O Cinema Teatro Salesianos de Vigo acollerá o próximo 10 de xaneiro de 2025 o concerto benéfico en favor de Discamino.

Sobre Discamino:

Traballamos de modo altruísta pola inclusión de persoas con discapacidade física, intelectual, sensorial e en risco de exclusion social a través do ciclismo e sendeirismo adaptados. Desde 2009 realizamos 111 camiños a santiago e similares con 519 persoas diferentes. Actualmente somos 73 voluntarios e 158 beneficiarios fixos con xordocegueira, parálise cerebral, autismo, síndrome de down… Ademais doutros 20 beneficiarios esporádicos que non residen en vigo. Adestramos 6 dias á semana e impartimos charlas en colexios, institutos e universidades de toda españa para sensibilizar acerca destas realidades. As nosas actividades son gratuítas grazas ao apoio de patrocinadores

Entradas nesta ligazón.

Máis

Hora

10 xaneiro, 2025 20:30(GMT+01:00)

Localización

Teatro Salesianos

Rúa de Venezuela, 3, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events