Detalles do eventos
Baixo o lema “Non hai enfermxs, hai enfermidades. A mellor medicación é a educación”, a Asociación Xaruma xunta diferentes voces para expresar que a saúde mental é un
Detalles do eventos
Baixo o lema “Non hai enfermxs, hai enfermidades. A mellor medicación é a educación”, a Asociación Xaruma xunta diferentes voces para expresar que a saúde mental é un dereito humano, non un privilexio.
A través dunha concentración no MARCO, prevista para o venres 10 de outubro de 19:00 a 20:00 h, a comunidade quere facer visible esta loita. As persoas participantes vestirán de branco, un xesto sinxelo que simboliza visibilidade, solidariedade e unidade. Trátase dun chamado a cambiar a narrativa arredor da saúde mental e a construír unha sociedade que fomente o respecto e a comprensión.
Neste Día Mundial da Saúde Mental, Xaruma quere alzar a voz para lembrar que a saúde mental non é un luxo, senón unha necesidade; que pedir axuda non debe xerar medo nin vergoña; que acompañar e ser acompañado é un dereito, non unha excepción. Coidar a saúde mental é coidar a vida, é defender o benestar e a posibilidade de construír comunidades máis xustas e humanas.
Hora
10 outubro, 2025 19:00 - 20:00(GMT+02:00)
Localización
MARCO
Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
novembro


