Detalles do eventos
O Rondallas Fest convertirá Mos en capital da cultura rondalleira entre o 12 e o 14 de decembro. O evento, no que participarán todas as
Detalles do eventos
O Rondallas Fest convertirá Mos en capital da cultura rondalleira entre o 12 e o 14 de decembro. O evento, no que participarán todas as rondallas da provincia, acollerá un coloquio sobre o filme dirixido por Daniel Sánchez Arévalo ‘Rondallas’, no que participará o director e parte do elenco da película.
O festival arranca o venres 12 ás 19:00 h coa inauguración da exposición ‘Rondallas’, que contará con vestiario, instrumentos, fotografías históricas e materiais dos grupos participantes. A exposición permanecerá aberta durante dúas semanas no Pazo de Mos. A inauguración será amenizada cun concerto de Vacaloura Vermella, grupo mosense liderado por Daniel Burgos.
O sábado o programa arranca ás 12:30 h cun coloquio sobre o filme ‘Rondallas’ no que participarán o director Daniel Sánchez Arévalo e os actores María Vázquez, Carlos Blanco, Judith Fernández, Fer Fraga e Xosé Antonio Touriñán. Ademais presentarase a canción oficial do filme, composta por Vacaloura Vermella. Será aberto ao público ata complentar o aforo do Auditorio do Pazo de Mos.
Pola tarde, a partir das 16:30 h, comezará o Certame de Rondallas con actuacións de oito grupos da comarca, que se celebrarán nunha carpa instalada no exterior do Pazo. Os asistentes tamén poderán gozar dun monólogo a cargo de Carlos Blanco, así como unha zona de food trucks que tamén estará dispoñible na xornada de domingo. Nesta primeira parte do certamen participarán as seguintes agrupacións:
– Rondalla da Asociación Cultural e Musical de Pontellas – O Porriño
– Rondalla do Centro Cultural e Recreativo de Parada – Nigrán
– Rondalla Santa María de Porriño – O Porriño
– Rondalla A Miñoteira, Ventosela – Redondela
– Rodanlla da Sociedade Cultural Helios de Bebrive – Vigo
– Rondalla da Asociación Santa Eulalia de Atios – O Porriño
– Rondalla da Asociación Club Santiaguiño de Guizán – Mos
– Rondalla do Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos – Mos
O domingo 14 a partir das 12:30 h estará dedicado a actividades familiares, con obradoiros infantís de fabricación de instrumentos e de insignias. Pola tarde, ás 16:30 h, terá lugar o segundo día do concurso con nove grupos máis, o que elevará o número total de grupos participantes a dezasete. Nesta segunda parte do certamen participarán as seguintes agrupacións:
– Rondalla da Asociación O Mosteiro de Pexegueiro – Tui
– Rondalla da Asociación de Veciños Galiñeiro de Vincios – Gondomar
– Rondalla da Asociación Folclórica Airiños da Lagoa, Baíña – Baiona
– Rondalla da Asociación Veciñal e Cultural San Mamede de Zamáns – Vigo
– Rondalla do Centro Cultural Social E Recreativo de Beade – Vigo
– Rondalla do Centro Veciñal e Cultural de Valadares – Vigo
– Rondalla da Asociación Cultural A Merded de Chaín – Gondomar
– Rondalla da Asociación Cultural de Herville – Mos
– Rondalla do Centro Recreativo e Cultural de Torroso – Mos
O evento promovido por el Concello de Mos co apoio da Deputación de Pontevedra e a Axencia de Turismo da Xunta pretende promover a cultura rondalleira típica destas datas e deste punto xeográfico.
Hora
12 decembro, 2025 19:00 - 14 decembro, 2025 20:00(GMT+01:00)
Localización
Pazo de Mos
a, Camiño da Rua, 36415, Pontevedra
Hoxe móvese



