CON LA VENIA

21mar22:30CON LA VENIACONCERTOS | -22:30(GMT+01:00) Sinattra Club

Detalles do eventos

Con La Venia é un grupo de bossa-swing, latino e pop que ofrece actuacións festivas e dinámicas, e onde os seus integrantes dan renda solta á súa paixón. Esta formación está formada por José Araujo ao saxo, clarinete e voz.
O xerme da orquestra foi a tuna compostelá dos 70, da que varios dos seus membros, xa acabadas as súas respectivas carreiras decidiron unirse para tocar nun local de Vigo aproximadamente en 1981. Resultado de haber unha maioría de avogados na formación fixo que ao principio alguén lles chamou ‘Aranzadi Boys’ e logo, ‘Con La Venia‘.
Nun principio os temas eran unicamente instrumentais (clarinetes e saxos, guitarra de ritmo, baixo e batería). Cos anos e aos poucos fóronse incorporando máis instrumentos e logo empezaron a cantar unha ampla gama de estilos e en varios idiomas. A maior parte dos temas do seu repertorio teñen como obxectivo mellorar o ánimo do seu público, cantando e bailando.

Máis

Hora

(Xoves) 22:30(GMT+01:00)

Localización

Sinattra Club

Rúa Fermín Penzol, 6, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events