>

25xuñ22:00 ‘Con La Venia‘CONCERTOS | De balde22:00(GMT+02:00) Sala Supersonic

Detalles do eventos

A banda Con la Venia regresa aos escenarios cun concerto de entrada libre no que non faltarán a bossa nova, o swing, os ritmos latinos e o pop. Formada a partir dun grupo de músicos vinculados á tuna compostelá dos anos setenta, a formación leva máis de catro décadas levando ao directo un repertorio pensado para cantar, bailar e desfrutar.

Co saxo, o clarinete e a voz de José Araujo á fronte, o grupo combina temas instrumentais e cancións en varios idiomas nunha proposta festiva e dinámica que busca conectar co público a través da música e do bo humor.

Hora

25 xuño, 2026 22:00(GMT+02:00)

Localización

Sala Supersonic

Rúa Fermín Penzol, 6, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events