26feb22:00CON LA VENIACONCERTOS | DE BALDE22:00(GMT+01:00) Sala Supersonic
Detalles do eventos
Con la Venia é un grupo de bossa-swing, latino e pop que ofrece actuacións festivas e dinámicas, nas que os seus integrantes dan renda solta á súa paixón.
Detalles do eventos
Con la Venia é un grupo de bossa-swing, latino e pop que ofrece actuacións festivas e dinámicas, nas que os seus integrantes dan renda solta á súa paixón. Esta formación está composta por José Araujo ao saxo, clarinete e voz. O xerme da orquestra foi a tuna compostelá dos anos 70, da que varios dos seus membros, unha vez rematadas as súas respectivas carreiras, decidiron unirse para tocar nun local de Vigo arredor de 1981. O feito de que houbese unha maioría de avogados na formación fixo que, nun primeiro momento, alguén lles chamase ‘Aranzadi Boys’ e, máis tarde, ‘Con la Venia’.
Nun principio, os temas eran unicamente instrumentais (clarinetes e saxos, guitarra rítmica, baixo e batería). Co paso dos anos, e pouco a pouco, fóronse incorporando máis instrumentos e logo comezaron a cantar unha ampla gama de estilos e en varios idiomas. A maior parte dos temas do seu repertorio teñen como obxectivo mellorar o ánimo do seu público, cantando e bailando.
Hora
26 febreiro, 2026 22:00(GMT+01:00)
Localización
Sala Supersonic
Rúa Fermín Penzol, 6, 36202 Vigo, Pontevedra


