FAITE AMOVIDALOVER

05xuñ22:00Con La VeniaCONCERTOS | De balde22:00(GMT+02:00) Sala Supersonic

Detalles do eventos

O 5 de xuño ás 22:00 h, celebrarase na Sala Supersonic de Vigo un concerto de Con La Venia: un grupo de bossa-swing, latino e pop que ofrece actuacións festivas e dinámicas, onde os seus integrantes dan renda solta á súa paixón. Esta formación está integrada por José Araujo ao saxo, clarinete e voz.

O xerme da orquestra foi a tuna compostelá dos 70, da que varios dos seus membros, xa acabadas as súas respectivas carreiras decidiron unirse para tocar nun local de Vigo aproximadamente en 1981. Resultado de contar cunha maioría de avogados na formación fixo que ao principio alguén lles chamara ‘Aranzadi Boys’ e logo, ‘Con La Venia‘. Nun principio os temas eran únicamente instrumentais (clarinetes e saxos, guitarra de ritmo, baixo e batería). Cos anos, e aos poucos, fóronse incorporando máis instrumentos, e logo empezaron a cantar unha ampla gama de estilos e en varios idiomas. A maior parte dos temas do seu repertorio teñen como obxectivo mellorar o ánimo do seu público, cantando e bailando.

Hora

5 xuño, 2025 22:00(GMT+02:00)

Localización

Sala Supersonic

Rúa Fermín Penzol, 6, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events