UNDERFEST

30out20:00'Comedia sen título'ESPECTÁCULOS | De balde20:00(GMT+01:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

Este xoves, 30 de outubro, ás 20:00 horas, o grupo de teatro Setestrelo da Once de Vigo, estrea a súa nova obra no auditorio do Concello, ‘COMEDIA SEN TÍTULO’.
Lorca estaba a traballar en ‘Comedia sen título’ cando foi asasinado. Da súa fascinante e revolucionaria peza só se conserva o primeiro acto, pero xa revela unha crítica social do poder e unha ollada intensa sobre a sociedade: a falta de sensibilidade, a cegueira cara aos demais, a hipocresía da caridade, o uso da relixión como xustificación de todo…
Ao mesmo tempo, cuestiona o teatro tradicional e decadente, propondo un cambio radical: achegar a realidade, derrubar as barreiras do falso e tocar o que latexa dentro de cada espectador.
“Por que imos ao teatro para ver o que pasa e non para ver o que nos pasa?”
Todo acontece no teatro, durante un ensaio do Soño dunha noite de verán, e de súpeto, nas rúas estoura unha revolución: necesaria, inevitable… ecapaz de remexer todo por dentro.

XÉNERO: Drama social / Teatro experimental
PÚBLICO: A partir de 13 anos
DURACIÓN: 55 mins.

Hora

30 outubro, 2025 20:00(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events