
Detalles do eventos
O vindeiro 25 de abril ás 20:00 horas celebrarase na libraría Librouro unha charla-coloquio sobre o libro Sentado diante da fiestra, na que participarán o autor do mesmo,
Detalles do eventos
O vindeiro 25 de abril ás 20:00 horas celebrarase na libraría Librouro unha charla-coloquio sobre o libro Sentado diante da fiestra, na que participarán o autor do mesmo, Antonio García Teijeiro; a xornalista e escritora María Xosé Porteiro e o editor Xabier Romero. No acto haberá unha sorpresa para as persoas asistentes, ao coincidir o coloquio co aniversario da Revolución dos Caraveis de Portugal (25 de abril de 1977), coa que se puxo punto e final a cincuenta anos de ditadura no país veciño.
Sentado diante da fiestra recolle 50 artigos publicados no suplemento «Estela», do Faro de Vigo (2020‒2024), e un máis dedicado ao Centenario do Real Club Celta de Vigo. Neste monllo de textos, Antonio García Teijeiro expón boa parte dunha vida a través duns artigos que nacen da reflexión sobre a sociedade e sobre as artes. Para o autor, o mundo dos libros, da lectura, do deporte, da lingua ou da música son fundamentais para comprender a súa obra literaria e o seu compromiso persoal nun mundo complexo e contraditorio. E, ademais, son unha aproximación moi clara ao seu pensamento tanto social coma cultural, en que artistas, músicos, escritores, cancións e literatura están presentes, sempre relacionados coa forma de ver certas realidades máis alá do que temos diante.
Máis
Hora
25 abril, 2025 20:00(GMT+02:00)
Localización
Librouro
Rúa de Eduardo Iglesias, 12, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualmaio
- Mes actual