
Detalles do eventos
Este xoves 20 de xuño é o Día Mundial das Persoas Refuxiadas, e desde Accem organizan tres actividades ao longo de dúas xornadas para sensibilizar,
Detalles do eventos
Este xoves 20 de xuño é o Día Mundial das Persoas Refuxiadas, e desde Accem organizan tres actividades ao longo de dúas xornadas para sensibilizar, a través da cultura, á cidadanía sobre un dos grandes problemas sociais a nivel mundial.
Martes 18 – Ás 19:00 nos Cines Yelmo de Travesía – De balde con inscrición previa.
O ciclo “Refugiados en el cine” trasládase ata Vigo para proxectar a película «De repente, el paraíso». Esta cinta mostra tanto a beleza de Palestina como as crueis e insensatas tácticas de intimidación que o mundo occidental utiliza contra o pobo palestino.
Xoves 20 – Ás 11:00 no Edificio Redeiras – De balde
Polo día mundial das persoas refuxiadas, relatoras de Colombia, Venezuela, Perú, Sahara Occidental, Ucraína e Guinea Conakry dialogarán sobre migración e refuxio, poñendo o foco na protección internacional. De balde.
Xoves 20 – Desde ás 18:30 na Praza de Portugal e ás 20:30 en La Fábrica de Chocolate – Caixa inversa
O Festival RefuFest é unha das actividades organizadas por Accem para conmemorar o Día Mundial das Persoas Refuxiadas, este 20 de xuño. Grazas á colaboración e a mentoría de artistas invitados, as persoas con dotes artísticas atendidas pola nosa entidade participan nunha gala chea de multiculturalidade. Poderemos ver a artistas coma Maxia na Manga, Canta Mañás, unha batucada por Bloco Aperta, Charanga Excombro, Rukan Rockblues, DJ Rapante ou Alberto Cunha. Chegarán con grandes sorpresas. Caixa inversa.
Máis
Hora
20 xuño, 2024 11:00(GMT+02:00)
Localización
Edificio Redeiras
Praza do Berbés
Hoxe móvese
Mes actualmaio
- Mes actual