17out19:30Coloquio con Ángela BanzasACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30(GMT+02:00) El Corte Inglés

Detalles do eventos

 Lola Fernández Pazos falará con Ángela Banzas sobre o seu novo libro “La sombra de la rosa”. Despois do éxito das súas dúas primeiras obras, “El silencio de las olas” e “La conjura de la niebla”, Banzas despliega o seu virtuosismo narrativo e ofrécenos un rompecabezas no que a tensión aumenta con cada páxina. “La sombra de la rosa” é unha novela áxil, chea de resonancias e golpes de efecto, que explora a raíz do mal e nos conecta co lado oscuro do amor e o máis cruento da literatura universal. 

Esta actividade enmárcase dentro do ciclo literario Sentir os libros, froito da colaboración entre a Asociación Galega de Escritores e Ámbito Cultural de El Corte Inglés.

Sobre o Ciclo Sentir os Libros: 

O Ciclo Sentir os libros é unha iniciativa conxunta entre a Asociación Galega de Escritores é El Corte Inglés. Comezou a súa andadura no mes de xuño con actividades nos centros de A Coruña e Vigo. Tal e como resalta Rober H.L. Cagiao, presidente da Asociación Galega de Escritores, “é un ciclo que permite visibilizar outras voces literarias xunto a escritores consagrados nun espazo tan relevante a nivel cultural como é El Corte Inglés”. A Directora de Comunicación de El Corte Inglés en Galicia e Asturias, Fuencisla Cid, enmarcou esta colaboración no impulso que dende Ámbito Cultural se fai para achegar a cultura á sociedade. E destacou esta labor que cumpriu xa 25 anos e máis de 33.000 actividades culturais gratuitas organizadas en toda España. “A poesía, a literatura, o cine, o arte ou a música, a través de autores e artistas, son os protagonistas de charlas, firmas ou exposicións que conforman a programación que acollen os nosos espazos de Ámbito Cultural”.  

Hora

17 outubro, 2023 19:30(GMT+02:00)

Localización

El Corte Inglés

Av. da Gran Vía, 28, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events