
17mar12:00'A Ferida'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde12:00(GMT+01:00) Navia
Detalles do eventos
‘Ferida’ é o nome da performance colaborativa que o Colectivo Cova propón para impedir a tala da Carballeira de Casaliños en Navia proposta polo PXOM.
Detalles do eventos
‘Ferida’ é o nome da performance colaborativa que o Colectivo Cova propón para impedir a tala da Carballeira de Casaliños en Navia proposta polo PXOM. Fan un chamamento para que a cidadanía se sume a esta protesta que terá lugar o domingo 17 entre as 12:00 h e as 14:00 h e que ten como punto de encontro a Alameda de San Paio de Navia. As persoas participantes irán vestidas de vermello e deitaranse ao longo do perímetro da carballeira escenificando a idea dunha ferida aberta no bosque.
Detrás desta reivindicación postúlanse varias asociacións cidadáns que se mostran contratarias “á corta das carballeiras do lugar da Barroca, en Navia, contemplada na aprobación provisional do Plan Xeral de Ordenación Urbana que tivo lugar o 28 de decembro de 2023 no pleno municipal, ameazadas esta vez polo proxecto do Concello da construción do auditorio Vigo Arena.” Esta reivindicación súmase ás queixas veciñais dos últimos días polas talas municipais nas rúas Falperra, Arquitecto Palacios, Manuel Olivé ou Subida á Costa en Castrelos. Desde estos colectivos crearon a conta de Instagram @amigas_das_arboresvigo e reivindican que se aposte “por un modelo de cidade que protexa o bosque autóctono que nos queda, que é insustituible, que integre as paisaxes naturais nos procesos de urbanización, elexindo a mobilidade sostible. Unha cidade verde e habitable, con aire limpo e calidade de vida.”

Máis
Hora
17 marzo, 2024 12:00(GMT+01:00)
Localización
Navia
Rúa das Teixugueiras, 12-28 36212 Vigo, Pontevedra