Colectivo SPIL – A Movida

maio, 2018

06mai20:30Colectivo SPILIMPROVISACIÓN | De balde20:30 Museo Marco

Máis

Detalles do evento

Fernando Abreu (clarinete)
José Pons (trombón)
Nicasio Gradaille (piano)
Isabel Gil (piano)
Carlos Castro (percusión)
Margarita Mariño (violoncello)
Eva González (violín)
Maria del Carmen Outón (artista gráfica)
Miguel Fraile (guitarra)
David Arroyos (electrónica)

A improvisación libre é un proceso creativo e espontáneo, que sirve como medio para expresar a emoción
nun momento e espacio concreto, de xeito individual ou como diálogo con outros individuos e linguaxes
artísticas. Recupera o impulso primeiro do ser humano que xorde da nosa curiosidade, do noso desexo de
percibir a través dos sentidos, do disfrute de probar e inventar sonidos, texturas, cores… sen restricións, coa imaxinación como único límite e a fascinación polo rastro da nosa acción. En resumo, é recuperar a autonomía na exploración espontánea e… o xogo.

Fronte á idea, bastante estendida, de que improvisar é “facer calquera cousa”, a preparación e a apren-
dizaxe desta disciplina é un laborioso proceso de exploración, non so das posibilidades do propio instrumento, da voz, do movemento ou dos materiales pictóricos para reflexar as necesidades expresivas de cada artista, senón tamén das infinitas maneiras de negociación social que se teñen que establecer entre os artistas que participan desta experiencia colectiva, para que a voz, a música e a pintura “camiñen”, “funcionen” e, finalmente, sexa un medio de expresión.

Hora

(Domingo) 20:30

Lugar

Museo Marco

Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra

X