
11xul20:00CANCELADO - WILBUR E JULEN AXPEESPECTÁCULOS | Desde 15,00 €20:00(GMT+02:00) CC A Laxe
Detalles do eventos
O venres 11 de xullo ás 20:00 h, Wilbur e Julen Axpe realizarán un espectáculo na azotea do Centro Comercial A Laxe. A función consistirá nun monólogo, mesturando
Detalles do eventos
O venres 11 de xullo ás 20:00 h, Wilbur e Julen Axpe realizarán un espectáculo na azotea do Centro Comercial A Laxe. A función consistirá nun monólogo, mesturando comedia e circo contemporáneo, con vistas ás Cíes, onde o verán será o protagonista. Julen Axpe abrirá o evento para, máis tarde, dar paso a Wilbur.
Julen Axpe é un monologuista vasco que, desde fai catro anos, vive, viaxa e actúa na súa furgoneta. Ofrece un humor cercano, vacilón e interactivo, no que o bo ambiente está asegurado.
Pola súa parte, Wilbur é un ximnasta, actor e artista de circo alicantino. Con só cinco anos iniciouse por casualidade no mundo da ximnasia artística e, a día de hoxe, é todo un especialista en aparatos de chan, salto e barra. Acadou o recoñecemento de campión de España de acrosport antes de coñecer ao malabarista Piti, quen lle abriu as portas ao mundo do circo. A partir de ese momento, decidiu dedicarse ao circo, chegando a formar parte do Cirque du Soleil.
O espectáculo de Julen Axpe e Wilbur é un dos eventos que, como cada verán, terán o privilexio de desenvolverse na azotea do CC A Laxe.
Máis
Hora
11 xullo, 2025 20:00(GMT+02:00)
Localización
CC A Laxe
Rúa Cánovas del Castillo, 1, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualxullo
- Mes actual