Detalles do eventos
O Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo, dependente do Concello e con sede na Biblioteca Juan Compañel, anuncia o programa de actividades para o primeiro semestre do ano.
Detalles do eventos
O Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo, dependente do Concello e con sede na Biblioteca Juan Compañel, anuncia o programa de actividades para o primeiro semestre do ano. O programa recolle unha ampla oferta de actividades culturais e formativas centradas na reflexión feminista, a memoria histórica, a análise social e a creación literaria, desenvolvidas entre os meses de xaneiro e xullo. Podes consultar a programación completa nesta ligazón.
CLUB DE LECTURA
25 de febreiro, ás 18:00 h – Un amor, de Alejandro Palomas – Con An Alfaya
O club de lectura e o obradoiro de escrita requiren de inscrición previa e as charlas virtuais están reservadas para a comunidade educativa. O resto de actividades teñen entrada libre. Para calquera dúbida pódese contactar co Centro de Documentación e Recursos Feministas no teléfono ou o mail centro.documentacion.feminista@vigo.org.
Hora
25 febreiro, 2026 18:00(GMT+01:00)
Localización
Biblioteca Juan Compañel
Rúa Joaquín Yáñez, 6, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
marzo

