Club Faro: Ousman Umar

20set20:00Club Faro: Ousman UmarACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+02:00) Museo Marco

Detalles do eventos

“Desde o País dos Brancos: Alimentando mentes como solución á inmigración”
Intervén: Ousman Umar (fundador da ONG Nasco Feeding Minds; premio Princesa de Xirona Social 2021) o luns, día 20 de setembro ás 8 da tarde no Salón de actos do MARCO ( C/ Príncipe, 54).

— Presenta: José Luis Barreiro (xornalista; coordinador da ONG Entreculturas en Galicia e Asturias).

Aforo restrinxido a 60 persoas polas normas anti- covid.

Ousman Umar saíu de Ghana sendo un neno, cruzou o Sahara a pé, o mar en patera e viu morrer no camiño á maioría dos seus compañeiros de viaxe, entre eles ao seu mellor amigo. Percorreu 21.333 quilómetros para chegar a Barcelona cruzando 8 países e tardou 5 anos en facelo. Despois de meses durmindo na rúa, finalmente acolleuno unha familia, empezou os seus estudos e conseguiu traballo como mecánico de bicicletas. En 2012, cos seus primeiros aforros, fundou NASCO Feeding Minds co obxectivo de mellorar a educación no seu país de orixe. Ousman Umar foi distinguido o 15 de abril co Premio Princesa de Xirona Social 2021.

Máis