
27set20:00Club Faro: Laura FerreroACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00 Museo Marco
Detalles do eventos
‘Lo extraordinario de la vida cotidiana: Breves instantes de felicidad’ — Intervén: Laura Ferrero (escritora; xornalista e guionista) o luns, día 27 de setembro ás
Club Faro: Laura Ferrero
‘Lo extraordinario de la vida cotidiana: Breves instantes de felicidad’
— Intervén: Laura Ferrero (escritora; xornalista e guionista) o luns, día 27 de setembro ás 8 da tarde no Salón de actos do MARCO (C/Príncipe, 54).
— Presenta: Guada Guerra (xornalista).
Aforo restrinxido a 60 persoas polas normas anti- covid.
‘La gente no existe’ (Alfaguara), o último libro da escritora Laura Ferrero (Barcelona, 1984), é un compendio de relatos nos que hai amor e desamor. Hai ausencia e culpa. Hai esperanza. Están os que celebran o hoxe e o que está por vir, e outros que prefiren vivir nas expectativas, onde senten protexidos. Os que poden, esquecen. Ou non do todo. Ou non sempre. Algúns non cren saber que é existir nin desexar, nin que fai que unha vida sexa unha vida. Pero alguén o sabe?. As historias de ‘La gente no existe’ narran o íntimo, aquilo que só somos capaces de contar en voz baixa, o que nos ocorre cada día. Os seus artigos e recensións aparecen habitualmente en publicacións como ‘ABC Cultural’, ‘El País’, ‘La Vanguardia’ ou ‘El País Semanal’.
Máis

(Luns) 20:00