maio, 2019

27mai20:00Club Faro: Juan José MillásCHARLA | De balde20:00 Auditorio do Areal

Máis

Detalles do evento

Diálogo con un neurótico brillante é o título da charla co escritor, xornalista e columnista Juan José Millás que terá lugar esta tarde., a partir das 20h, no Auditorio do Areal, dentro da programación do Club Faro.

Millás recibiu numerosos recoñecementos e premios, entre os que se atopan algúns dos máis importantes de España, como o Nadal (La soledad era esto), Planeta e Nacional de Narrativa, os dous últimos pola súa novela autobiográfica El mundo, publicado no 2007, unhas memorias de infancia, case de adolescencia, que contan a historia dun raparigo que vive nunha rúa e cuxo soño é escapar desa rúa. Na súa numerosa obra, de introspección psicolóxica na súa maioría, calquera feito cotián pódese converter nun suceso fantástico. Para iso creou un xénero literario persoal, o articuento, no que unha historia cotiá transfórmase por obra da fantasía nun punto de vista para mirar a realidade de forma crítica.

Juan José Millás

Hora

(Luns) 20:00

Lugar

Auditorio do Areal

Rúa do Areal, 46, 36201 Vigo, Pontevedra

X