
Detalles do eventos
O club de lectura xuvenil é unha iniciativa coa que queremos achegar a biblioteca a este público e gozar do tempo libre do verán cun bo libro entre
Detalles do eventos
O club de lectura xuvenil é unha iniciativa coa que queremos achegar a biblioteca a este público e gozar do tempo libre do verán cun bo libro entre as mans.
Nesta actividade realizarase o comentario de obras de distintos xéneros literarios nun ambiente distendido, procurando o lado formativo e á vez, lúdico da lectura.
A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición.
Máis
Hora
8 xullo, 2024 11:00(GMT+02:00)
Localización
Biblioteca Xosé Neira Vilas
Avenida de Emilio Martínez Garrido, 21, 36205 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualxullo
- Mes actual