
Detalles do eventos
O libro elixido polo Club de Lectura do Ateneo Atlántico para ler ao longo do mes de maio é A noite das cebolas de Rosa
Detalles do eventos
O libro elixido polo Club de Lectura do Ateneo Atlántico para ler ao longo do mes de maio é A noite das cebolas de Rosa Aneiros. A xuntaza será o 4 de xuño ás 18:30 horas no Espazo Ateneo.
SINOPSE A NOITE DAS CEBOLAS
Unha novela sobre a beleza, a fraxilidade, a observación da natureza, os coidados, a memoria tramposa, a culpa e a íntima alegría de sentirse viva no medio dunha noite negra. Unha mañá de outono calquera no MoMA de Nova York Abril Andrade contempla «A noite estrelada» de Van Gogh cando recibe noticia da irreversibilidade do seu cancro e, seguidamente, do falecemento do tío Bastián. A herdanza do vello faro familiar proporciónalle un inesperado refuxio onde o mar, a area e os toxos conforman a paisaxe solitaria na que ela se resigna a aceptar a súa propia morte. Contra todo prognóstico, unha corza esmagada no asfalto, un raposo famélico chamado Leonardo, un furtivo farfallán e retranqueiro, un torneo de fútbol veterano, unha nena que cheira a ouriños e unha sementeira de cebolas acompañada dun breve tratado para o seu cultivo demóstranlle que a vida, ás veces, é quen de meter un gol no tempo de desconto. Rosa Aneiros volve engaiolarnos cunha novela sobre a beleza, a fraxilidade, a observación da natureza, os coidados, a memoria tramposa, a culpa e a íntima alegría de sentirse viva no medio dunha noite negra cando, de xeito inesperado, dan en esfacharear as estrelas.
Máis
Hora
4 xuño, 2025 18:30 - 20:30(GMT+02:00)
Localización
Ateneo Atlántico
Rúa do Doutor Cadaval, 17-b 36202 Vigo Pontevedra
Hoxe móvese
- Mes actual