Este é un evento repetitivo9 outubro, 2021 16:30
Clowns
10out16:30ClownsPEQUERRECHOS | Desde 20,00€16:30(GMT+02:00) Teatro Afundación
Detalles do eventos
Do 6 ao 10 de outubro, ambos incluídos, e en varias funcións e horas, poderá desfrutar do espectáculo Clowns. Despois do éxito de Circo de Hielo, Circlassica e
Detalles do eventos
Do 6 ao 10 de outubro, ambos incluídos, e en varias funcións e horas, poderá desfrutar do espectáculo Clowns. Despois do éxito de Circo de Hielo, Circlassica e Circo Mágico, Productores de Sonrisas presenta o seu novo espectáculo, un show no que os espectadores poderán desfrutar con 5 visións do humor, 5 miradas ao absurdo, 5 clowns que conseguirán converter a poesía en risa.
Gensi e Isa, os Carabranca mestres de cerimonias, tratarán de ordenar as loucuras do resto de Clowns, entre os que descubriremos a Davis Vassallo, un director de orquestra funambulista, a Luigi, un pícaro inventor musical, e ao máis trasto de todos, Housch Ma-Housch, un clown que ten como entretemento favorito saltar o guión. Todos eles, xunto ao polifacético David Burlet, co seu vertixinoso número de pratos xiratorios e acompañados pola elegante equilibrista Klaudia, serán os encargados de trasladar o espectador a un mundo onde o xesto se volve sorriso e o sorriso en sonora gargallada.
Clowns nace para lembrar o público o necesario que é rir, berrar, aplaudir e compartir cos teus momentos inesquecibles.
As entradas para os espectáculos estarán dispoñibles a través de Ataquilla.com
HORARIOS
– 6,7 e 8 de outubro ás 18:45
– 9 de outubro ás 16:30 e ás 19:30
– 10 de outubro ás 12:00 e ás 16:30
Máis
Hora
10 outubro, 2021 16:30(GMT+01:00)
Séguenos nas redes