bannerVIALIA

23out20:00CLAUSURA DO AMORESPECTÁCULOS | 8,00€20:00 Auditorio Municipal do Concello

CLAUSURA DO AMOR

Clausura do amor é o texto máis representado do francés Pascal Rambert, estreado en Avignon e traducido a máis de dez idiomas. Trátase dunha obra de resistencia física e emocional, onde os dous intérpretes deben abrirse en canal para enfrontarse a un texto visceral sobre a fin do amor. O/a espectador/a asiste ao acto mesmo de clausurar o amor, de matalo en escena. Un duelo verbal que parte da dor, do medo e da liberación. Actuación e palabra. Nada máis. Un combate desgarrador e devastador, a través de dous monólogos intensos e inmensos.

Premio ao Mellor Espectáculo e á Mellor Actriz na XXXI Edición do Festival de Teatro Galego Celso Parada (FETEGA) 2020

CÁMARA NEGRA TEATRO EN COPRODUCIÓN CO CENTRO DRAMÁTICO GALEGO

Idade: Público adulto

As entradas soltas poderán adquirirse anticipadamente sen gastos de xestión
• A través da páxina web de Giglon
• Na Librería Librouro
• O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio

Sábado 23 ás 20:00

Máis

Hora

(Sábado) 20:00

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

X